Monday 06 de May de 2024

Sindo Guinarte aféalle a Borja Verea que “unha vez máis se poña ao carón da Xunta en lugar de defender os intereses dos veciños de CompostelaInicio


O grupo socialista levará ao próximo pleno unha proposición para que todos os grupos da corporación se posicionen “ou do lado da veciñanza ou do lado da Xunta, como fai o señor Verea”

Explica Guinarte que as múltiples propostas realizadas polos diferentes gobernos municipais neste sentido foron rexeitadas pola xerencia hospitalaria

Sorprendido, “pero cada vez menos” amósase o portavoz do grupo de goberno ante as declaracións de Borja Verea sinalando ao Concello como o responsable de que un parking, para un hospital que da servizo a toda a área sanitaria, siga enquistado “por unha consecución de escusas por parte da Xunta”. Unha posición, que segundo Sindo Guinarte “amosa que o señor Verea está rendido ao seu amo e que non lle importa o máis mínimo os veciños e veciñas de Santa Marta e de toda Compostela”.

Sindo Guinarte insiste en que “o que se está pedindo é que Santiago, a capital de Galicia, reciba o mesmo trato que A Coruña ou Pontevedra”, onde as ampliacións dos seus respectivos hospitais vén acompañada da creación dun parking por parte do Sergas: “claro, tamén neses casos

“O alcalde Bugallo o que está facendo é defender os intereses da nosa veciñanza e, mentres, un deputado autonómico, dedícase a facer propostas que, a todas luces non son viables e supoñen un agravio comparativo para Compostela respecto as outras urbes de Galicia” denuncia o voceiro. Guinarte explica que o aparcadoiro que existe actualmente é unha concesión: “como pretende que baixe as súas tarifas, a cambio dunha indemnización cos cartos de todos os composteláns?”.

Ademais cualifica as “ocorrencias” do candidato dos conservadores de “irrealizables e imposibles”: “en que parcelas próximas quere facer aparcadoiros? Pretende saltarse a normativa urbanística e xerar agravios entre os propietarios das parcelas dese ámbito? Quere facer un macroparque de leirasparking? Iso é o que merece a capital de Galicia?” pregúntase o voceiro do goberno local.

O Concello solicitou en varias ocasións regular o tráfico na zona

Sindo Guinarte explícalle ademais ao deputado autonómico que o Concello solicitou, máis dunha vez, facerse cargo e regular alí o aparcadoiro “algo que sempre se nos denegou”. E “agora, que se reduciron considerablemente o número de prazas, preténdese que o Concello teña que buscar unha solución, mentres a administración competente atopa nos seus candidatos á alcaldía avogados defensores do indefendible” critica Guinarte.

Nunha próxima xunta de goberno, o executivo local prevé aprobar a posta a disposición dunha parcela, próxima ao CiMUS para situar alí un aparcadoiro con capacidade para 480 vehículos “que terá que facer a Xunta, porque así se comprometeu, ao igual que o fixo co estudo de mobilidade que agora usa de escusa pero que foran eles os que se responsabilizaran de facelo no último borrador que eles mesmos aprobaron”.

“O que propón agora o deputado é un evidente fiasco, responsabilizando ao concello de ordenar un recinto interior propiedade do Sergas e poñéndose de costas ao que os veciños reclaman” critica Guinarte, que lle recorda ademais ao candidato popular que “a mesma administración que lle nega aos composteláns e compostelás un aparcadoiro á altura do que merecen, é da que cobra 60.000 euros ao mes, uns cartos que, á vista dos feitos, desde logo que non son por defender ao Concello que aspira a gobernar”.